Allariz Debuxado celebra a súa sétima edición cun novo encontro arredor da ilustración e a autoedición

O festival Allariz Debuxado regresa a Allariz na súa sétima edición, consolidándose como un espazo de encontro para profesionais e persoas afeccionadas á ilustración, a banda deseñada e a edición independente. A iniciativa busca poñer en valor o traballo e a calidade das autoras galegas, así como a forza das industrias culturais do país.

Esta mañá, María López, concelleira de Promoción Económica, acompañou a David Calviño, membro da organización, na presentación desta nova edición do festival.

Un domingo de mercado e creatividade
Nesta edición, o festival terá lugar o domingo 29 de marzo e xirará arredor do xa consolidado mercadiño de ilustración e autoedición, unha cita que co paso dos anos se converteu nun punto de referencia para descubrir novos proxectos e propostas creativas.

O mercadiño celebrarase na Praza do Matadoiro de Allariz, entre as 11.30 e as 20.00 horas en horario continuo, e contará coa participación dunha trintena de proxectos procedentes de diferentes ámbitos da ilustración, a banda deseñada e a edición independente.

Ao longo da xornada desenvolveranse tamén diversas actividades paralelas para completar o programa. Entre elas destaca un taller de deseño de personaxes dirixido á rapazada, impartido pola ilustradora compostelá Clara Artiaga, así como diferentes rutas de Urban Sketch por Allariz, nas que as persoas participantes poderán debuxar e interpretar a paisaxe urbana da localidade.

Organización e apoios
Un ano máis, Allariz Debuxado está organizado en conxunto por Aira Editorial e a Libraría Sindicato do Cómic, contando co apoio e a colaboración do Concello de Allariz e a Deputación de Ourense.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.