Allariz estrea canle de WhatsApp municipal para maior comunicación coa veciñanza

O Concello de Allariz pon en marcha unha nova canle de comunicación a través de WhatsApp, co obxectivo de achegar información de interese xeral á veciñanza de maneira directa e inmediata. A través desta canle difundiranse novas municipais, eventos culturais, avisos, alertas e outros contidos relevantes.

Esta iniciativa está pensada especialmente para aquelas persoas que non utilizan redes sociais e que demandaban un xeito máis directo de estar informadas, tal e como explicou a alcaldesa Cristina Cid.

“Somos conscientes de que, hoxe en día, a comunicación dixital é fundamental e que as redes sociais son unha ferramenta moi útil para informar. Porén, tamén sabemos que non toda a cidadanía as emprega, e hai veciñas e veciños que nos trasladan que, ás veces, non se decatan a tempo da información. Por iso decidimos poñer en marcha esta nova canle de WhatsApp, un sistema sinxelo e accesible que permite achegar as novidades directamente ao móbil, para que toda a veciñanza estea ao día do que acontece en Allariz.”


📱 Un servizo para toda a veciñanza

Na actualidade, case todas as franxas de idade —desde a mocidade ata a xente maior— teñen un teléfono móbil e utilizan WhatsApp no seu día a día. Aproveitando esta realidade, o Concello habilita esta nova canle para que a información municipal chegue directamente ao móbil das persoas interesadas, sen depender doutras plataformas.

🔒 Características da canle

  • É unha canle unidireccional: non está pensada para conversar nin para facer consultas ao Concello.
  • Os datos das persoas seguidoras están protexidos, e non se comparten cos demais usuarios.
  • As vías habituais para comunicarse co Concello seguen activas: rexistro presencialsede electrónicateléfono e correo electrónico municipal.

📲 Como unirse á Canle de WhatsApp de Allariz

Para seguir a canle, só hai que:

  1. Premer na ligazón dispoñible aquí Canle Novas Concello de Allariz ou escanear o código QR que estará nos carteis informativos repartidos nos edificios municipais.
  2. Unha vez aberta a canle en WhatsApp:
    • Preme en “Seguir”
    • Activa as notificacións premendo na campaíña, para recibir todas as actualizacións.
Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.