Allariz mantén o acceso ao espazo de Balneario con tarifas reducidas grazas á renovación do convenio co Hotel Balneario Oca Vila de Allariz

O Concello de Allariz renovou, a semana pasada, o convenio de colaboración co Hotel Balneario Oca Vila de Allariz, co obxectivo de seguir facilitando o acceso ao seu espazo de Balneario á veciñanza empadroada no municipio.

A alcaldesa, Cristina Cid, e o director do hotel, Maike Pazos, asinaron este novo acordo, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2025. Grazas a este convenio, a veciñanza que conte ca tarxeta cidadá poderá desfrutar do Circuíto Termal, de domingo a venres, a un prezo reducido de 9,50 € (IVE incluído). O circuíto inclúe piscina activa con chorros, camas de oxixenación, jacuzzi, sauna e outros servizos relaxantes.

Ademais, aplicarase un 20% de desconto nas técnicas termais en cabinas durante os mesmos días, fomentando o coidado persoal e o benestar.

Para facer uso destes servizos, é necesario reservar cita previa no hotel, recomendándose facelo con polo menos 48 horas de antelación, e presentar o carné de cidadán no momento da visita.

A tarxeta cidadá pode ser solicitada por calquera persoa empadroada en Allariz, acudindo ás dependencias municipais en horario de atención ao público.

Desde o Concello destacan que esta iniciativa forma parte do compromiso por mellorar a calidade de vida da poboación, facilitando o acceso a espazos de lecer e saúde en colaboración co tecido hostaleiro e comercial local.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.