Allariz reforza o seu modelo pioneiro de xestión de residuos con novos servizos de compostaxe e reciclaxe.

O Concello de Allariz continúa avanzando no seu compromiso coa xestión sostible dos residuos, coa creación dunha nova zona de compostaxe comunitaria destinada a dar servizo á área do camping, que eleva a 24 o número total de zonas de compostaxe comunitaria existentes no municipio. Esta actuación amplía a rede municipal de tratamento de biorresiduos e achega este servizo a máis espazos e á veciñanza.

Esta actuación súmase ao impulso continuado da compostaxe doméstica, coa distribución ao longo deste pasado ano 2025 de 100 novos composteiros particulares, fomentando a separación na orixe e a implicación directa da cidadanía na redución de residuos.

Allariz conta ademais cun Punto Limpo e Punto de Recuperación Municipal, que facilita a correcta xestión de residuos especiais, voluminosos e reutilizables, promovendo a economía circular e a redución de residuos destinados a vertedoiro. A este servizo engádese o Punto Limpo Móbil, que percorre periodicamente os distintos núcleos do municipio, facilitando o acceso da cidadanía á separación correcta dos residuos con independencia do lugar de residencia.

Grazas a este conxunto de políticas públicas, Allariz presenta bos datos en reciclaxe, compostaxe e separación de residuos, cunha evolución positiva e sostida ao longo dos anos, froito dun modelo baseado na proximidade dos servizos, na educación ambiental e na corresponsabilidade cidadá. O municipio foi pioneiro en Galicia na implantación de sistemas avanzados de xestión de residuos, converténdose nun referente a nivel autonómico.

Estas actuacións consolidan a aposta do Concello de Allariz por un modelo ambientalmente responsable, eficiente e orientado á mellora continua, contribuíndo á protección do medio ambiente e á calidade de vida da veciñanza.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.