O venres 13 de marzo, o Concello de Allariz publicaba un bando municipal, cunha ampliación o domingo 15 de marzo, este recolle as medidas que se aprobaron debido a esta emerxencia sanitaria que estamos a vivir.
A Área de Servizos Sociais, está a coordinar a atención ás persoas maiores que se atopan soas, ás persoas que teñen mobilidade reducida e ás persoas vulnerables e en situación de risco.
A través da atención telefónica no 988 554 059 en horario de 09:00h ás 14:00h e de 16:00h ás 18:00h así como no correo electrónico fogardosmaiores@allariz.com.

A Policía Local de Allariz realiza labores de control da mobilidade para que a cidadanía quede na casa, tal como se indica dende que se declarou o estado de emerxencia sanitaria.
Os voluntarios e voluntarias da agrupación de Protección Civil de Allariz están a repartir alimentos e medicinas en coordinación con Servizos Socias para que toda a poboación este o mellor atendida posible.
A atención ao publico da Casa do Concello de Allariz, realizase vía telefónica no 988 440 001, por correo electrónico administracion@allariz.com e tamén a través da Sede Electrónica para os trámites urxentes.
O Xulgado de Paz e Rexistro Civil de Allariz en base a Resolución de 15 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza prestará servizos mínimos esencias como inscricións de nacementos e expedición de licenzas de enterramento.
O Concello de Allariz informa de todas as modificacións e tramites como as Oficinas de Emprego e os servizos de Orientación Laboral, que pechan ao público pero ofrecen a cidadanía atención telefónica e telemática para os trámites urxentes.
Dende o Concello habilitouse unha páxina web, www.allariz.gal/covid19/, na que a cidadanía pode consultar toda esta información, ademais de atopar teléfonos de interese e demais recomendacións.