CONDICIÓNS XERAIS DE PARTICIPACIÓN EN ARTE DE MAN
1. A organización do Mercado Arte de Man corresponde á area de Promoción Económica do Concello de Allariz con sede na rúa O Portelo, 4 – 2º andar, 32660 Allariz. Teléfono 988 442 210
2. O evento ten lugar, anualmente, durante a xornada do segundo domingo do mes de setembro, 8 de setembro 2024, no casco histórico de Allariz en horario de 11:00h a 20:00h.
3. A inscrición debe formalizarse a través dunha instancia xeral na Sede Electrónica do Concello ( https://allariz.sedelectronica.gal/info.0 ) ou nas dependencias municipais no rexistro.
A inscrición para participar como expositor/a e/ou como obradoiro realizarse enchendo correctamente o documento de inscrición que estará suxeito á aceptación das presentes condicións xerais de participación.
4. A inscrición deberá realizarse ata a data límite anunciada pola organización. Polo contrario a organización poderá desestimar a súa participación. O prazo de recepción de solicitudes para o Mercado Arte de Man 2024 comezará o día 2 de xullo e rematará 2 de agosto do presente ano, ambas datas incluídas (ata as 14:00h do 2 de agosto).
5. O posto e o espazo designado polo organización deberá permanecer aberto ao/á visitante durante as horas de funcionamento da exposición e asistido polo persoal da responsabilidade do/a expositor/a. Horario ininterrompido de 11:00h a 20:00h.
6. Todos/as os/as expositores/as e participantes autorizan á organización a utilizar todas as imaxes ou vídeos que se realicen durante o evento coa fin da súa promoción.
7. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN. Poderán solicitar a participación en Arte de Man aqueles obradoiros artesáns cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia. Será requisito principal que cada artesán/á faga demostración en vivo do seu traballo ao longo da xornada.
8. SELECCIÓN DE PARTICIPANTES. A área de Promoción Económica de Allariz xunto con artesáns/ás locais serán os/as encargados/a de decidir a participación dos/as solicitantes en base aos seguintes criterios de prioridade para a súa selección:
• Calidade do produto, singularidade e diversidade de oferta e de oficios. Tendencia e deseño.
• Será prioritaria a mostra do oficio en vivo durante a feira
• Valorarase positivamente a que os solicitantes posúan a carta de artesán/á.
9. A resolución será comunicada a cada solicitante por correo electrónico nun prazo non superior a 7 días hábiles dende a data de fin de presentación de solicitudes.
10. INFRAESTRUTURA. O Concello de Allariz, de xeito gratuíto, pon un posto a disposición de cada participante.
O posto, de madeira, mide 2,40 m de longo e 0,90 m de ancho e 0,90 m de alto. Incorpora un tellado e vai recuberto, no frontal, cunha tela branca que a organización pon a disposición do expositor. Corre a cargo do expositor traer a decoración precisa para a exposición do seu produto atendendo ás indicacións da organización. En ningún caso se permitirá a montaxe de elementos construtivos ou de decoración que sobre pasen do posto.
11. MONTAXE. A organización establecerá os horarios para a montaxe e desmontaxe e a entrada dos materiais a expoñer. Ao remate do evento os postos e demais elementos deberán entregarse no mesmo estado no que foi recibido.
12. Para garantir o carácter do evento o/a expositor/a non pode, en ningún caso, ceder o dereito de ocupación do seu posto ou espazo, nin promover ou permitir a promoción de artigos ou actividades que non estean previstas pola organización. A falta de cumprimento desta condición poderá implicar o cese da súa participación.
13. Non se permitirá a exposición nin distribución de produtos que, polas súas características, sexan un factor de perturbación para os/as demais expositores/as ou visitantes. Ou que podan danar as instalacións.
14. ATRIBUCIÓNS DA ORGANIZACIÓN No uso das súas competencias a organización poderá adoptar as medidas que considere oportunas para o correcto desenvolvemento do Mercado, reservándose o dereito a realizar cambios nas datas e horarios durante o desenvolvemento da Feira así como de decidir os oficios que poderán participar na mesma. A distribución e localización dos postos realizarase segundo criterio da organización así como a estética dos expositores para salvagarda a imaxe do evento.
A organización resérvase o dereito a fotografar ou filmar aos artesáns, postos e produtos expostos na Feira, podendo utilizar estas imaxes nos seus documentos internos, páxina web e redes sociais, así como publicacións e promocións oficiais. Resérvase o dereito de colocar paneis de información xeral ou calquera outro elemento valorizados da exposición nos lugares que considere oportunos e non poderán cubrirse nin retirarse.
A organización non será responsable das consecuencias resultantes, para o/a expositor/a, de situacións especiais ou de vecindade pola distribución que se realice dos postos e demais espazos, así como non se fai responsable das vendas, nin dos roubos nin furtos que podan acontecer. É de responsabilidade dos/as expositores/as a seguridade dos artigos expostos en todo momento.
Rúa O Portelo,4 -2º andar 32660 Allariz – Ourense
Teléfono 988 442 210
Contacto e Información
Promoción Económica – Concello de Allariz
Rúa do Portelo 4 32660 Allariz – Ourense
Tel. 988 442 210 dinamizacioneconomica@allariz.gal