BASES DO SORTEO “PRE-BOI 2025”

1. Obxecto do sorteo
O sorteo “PRE-BOI 2025” é a mellor maneira de comezar a quentar motores para a Festa do Boi. Queremos ir meténdonos en ambiente e celebrar que cada vez falta menos para os días grandes.

A través deste sorteo, buscamos recoñecer e premiar a quen xa está a vivir o Boi con ganas, apostando polo pano oficial e enchendo as rúas de cor e festa dende o principio. Porque o Boi faise entre todas e todos, e cada pequeno xesto conta para manter viva a tradición.

2. Como participar
Toda persoa que merque o pano do Boi 2025 durante o xoves 17 e venres 18 de abril recibirá unha rifa/boleta cun número. Cada pano comprado dá dereito a unha participación no sorteo.

3. Premios
Entre todos os números repartidos sortearanse varios premios, destacando:

  • 🎁 Vales de compra para a Tenda do Boi.
  • 👕 GRAN PREMIO: a serigrafía das camisetas da “pandilla/grupo” gañadora (ata un máximo de 30 camisetas).

4. Sorteo e anuncio das persoas gañadoras
O sorteo será presencial e realizarase durante o evento PRE-BOI 2025, o venres 18 de abril ás 00:00h.
📍 Será imprescindible estar presente nese momento para poder recoller o premio.
En caso de que a persoa gañadora non estea presente, procederase a sortear de novo ese premio.

5. Requisitos para reclamar o premio
Será necesario presentar a rifa orixinal co número gañador. Sen ela, non se poderá reclamar o premio. A Organización acordará co grupo gañador do Gran Premio serigrafía das camisetas os detalles da impresión.

6. Outras condicións

  • Participar implica aceptar estas bases.
  • Os premios non se poden trocar por cartos.
  • No caso de que a mesma persoa sexa seleccionada en varios sorteos, só poderá reclamar o primeiro premio que lle corresponda, é dicir na primeira papeleta que saira.
  • A organización poderá modificar calquera aspecto do sorteo se fose necesario, sempre comunicándoo con tempo.

7. Protección de datos
Os datos que se poidan recoller para a entrega dos premios serán tratados de forma confidencial e conforme á normativa vixente.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.