Bases do Concurso de Tapas 2024
Poderán participar todas as persoas que acudan aos establecementos participantes nas “XIII Xornadas de Carne de boi – Concello de Allariz”, debidamente sinalizados e que cumpran os seguintes requisitos:
- Que sexan maiores de idade.
- Que degustasen polo menos 5 tapas distintas, e cubran a tarxeta de votación con todos os datos solicitados.
- Cada consumidor/a dalgunha das tapas de boi de Allariz, ofertadas ao abeiro do concurso, poderá obter papeletas para a puntuación e posterior votación en calquera dos establecementos participantes.
- Por cada consumo dunha tapa de boi de Allariz, o cliente pedirá o adhesivo co número correspondente para pegar na papeleta de votación.
- O cliente escribirá na papeleta o número da tapa que considera como gañadora entre as tapas que consumira. Ata que unha papeleta teña polo menos 5 adhesivos de distintas tapas, o cliente non poderá depositala nunha das urnas de votación para participar no concurso. En todo caso, as papeletas que non teñan polo menos 5 adhesivos cos números correspondentes non serán válidas.
- Non hai límite na participación por cliente, o único requisito é que cada papeleta para ser válida debe ter polo menos 5 adhesivos de establecementos distintos.
- O Concello de Allariz resérvase o dereito de anular calquera participación ou a calquera participante, perdendo estes o dereito a recibir o premio no caso de que se realice un uso fraudulento. Os gañadores serán elixidos mediante sorteo.
- As urnas pecharanse ás 23:59 h. do 13 de outubro.
- O sorteo terá lugar o sábado 19 de outubro de 2024 ás 11,00 h no Mercado da Reserva da Biosfera, sito na Praza do Matadoiro.
- Os premios obxecto da promoción serán os seguintes:
- con 5 tapas consumidas o premio será: 3 vales de 60 € para mercar no comercio o hostalería local.
- coa totalidade das tapas consumidas o premio será: un vale de 250€ para mercar no comercio ou na hostalería local.
- Premio “Papando no Boi 2024” para persoas que conten con tarxeta de cidadán de Allariz: a primeira persoa, con tarxeta de cidadán de Allariz, que consuma todas as tapas recibirá como premio un vale de 100€ para gastar no comercio local. Así, deberá poñerse en contacto co Centro de Promoción Económica ( 988 442 210, no correo comercio@allariz.gal ou presentándose no propio centro) e achegar ata o 11 de outubro (ata ás 14:00h) a súa cartilla de selos ao Centro de Promoción Económica – Rúa O Portelo, 4 – 2º andar – Allariz en horario de 09:00h ás 14:00h.
- Os premios non poderán, en ningún caso, ser obxecto de troco, cambio, alteración ou compensación a petición da persoa gañadora do seu importe en metálico nin por outros produtos e/ou servizos distintos dos que no seu caso corresponda.
- A organización poñerase en contacto telefónico coa persoa premiada a través do número facilitado por este na papeleta. No caso de que non se localice o gañador/a ou renuncie o premio, este perderá o seu dereito ao premio e quedará deserto.
- En ningún caso a organización (Concello de Allariz) se fará responsable dos gastos de desprazamento do gañador/a e o seu acompañante ao lugar onde debe retirar/gozar o premio. A organización queda exenta de calquera responsabilidade polos danos derivados do uso e goce do premio que puidesen sufrir o premiado ou terceiros e non serán responsables das incidencias derivadas na execución da presente promoción por causas de forza maior.
- O período para consumir o premio rematará o 01/12/2024.
- A participación na devandita promoción supón a aceptación das presentes bases así como a aceptación do criterio que estableza o Concello de Allariz para resolver cantas cuestións se deriven deste.
- En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de novembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Concello de Allariz informa que os datos que faciliten para participar nesta promoción xunto cos facilitados en caso de resultar premiado, son necesarios para participar na promoción sendo destruídos unha vez finalizada a mesma.
Datos de contacto coa Organización:
Concello de Allariz
Centro de Promoción Económica
Rúa O Portelo, 4 – 2º andar – Allariz
Teléfono 988 44 22 10
Email: comercio@allariz.gal