1. COMPAÑÍA ORGANIZADORA

O Concello de Allariz, con domicilio social en Praza Maior, 1 (Allariz) con CIF P3200200H, organiza o concurso de fotografías online baixo o título #NadalAllariz2019.

2. OBXECTO DA MECÁNICA DO CONCURSO

A visita a Allariz durante o Nadal 2019  é requisito indispensable para participar no CONCURSO #NadalAllariz2019.

A través da páxina web www.allariz.gal/xornal, a persoa participante poderá subir ata un máximo de tres fotografías localizadas en Allariz nalgunhas das decoracións de Nadal e que teñan un símbolo que identifique claramente, pola organización, que se trata do Nadal 2019.

As fotografías estarán publicadas no site citado anteriormente así como no facebook do Concello de Allariz e poderán ser votadas, só unha vez dende cada IP e confirmadas por correo electrónico. A fotografía que máis votos reciba será a gañadora do premio.

A participación no concurso supón a cesión e autorización expresa de todos os dereitos de propiedade intelectual e de imaxe sobre as fotografías participantes, de xeito que o participante cede ao Concello de Allariz os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que puideran corresponderlle ao derivar das participacións enviadas para participar no concurso.

3. DURACIÓN E ÁMBITO

A actividade desenvolverase a través da páxina web www.allariz.gal/nadal

O concurso estará aberto entre o día 16 de decembro ata o 17 de xaneiro de 2020. Neste tempo distinguiranse dúas etapas: a primeira de recepción de fotografías , dende o 16 de decembro de 2019 ata o 9 de xaneiro de 2020, e a segunda, de votación das fotografías, do 10 ao 15 de xaneiro de 2020. O día 16 de xaneiro de 2020 coñecerase o resultado do concurso.

4. REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar todas as persoas físicas maiores de 16 anos que conten cunha conta de correo electrónico e que, como principal requisito, visitara Allariz durante o Nadal 2019, e inmortalizase o momento, a través dunha fotografía, nunha das decoracións do #NadalAllariz2019.

 Requisitos

  • As fotos deben ter sido tomadas en Allariz nalgunha das decoracións do Nadal 2019.
  • As fotos deben incluír algún elemento que identifique claramente a edición á que ser refire este concurso.
  • As fotos deben ser enviadas en formato .jpg podendo ser horizontais, verticais ou cadradas, e irán acompañadas dun título e da procedencia do/a participante.
  • Cada participante poderá enviar ata un máximo de 3 fotos. Quedará internamente identificado/a polo seu nome completo e correo electrónico, e non serán públicos.
  • As fotos deben ser subidas á plataforma allariz.gal/nadal no apartado CONCURSO FOTOGRAFÍA #NadalAllariz2019. Serán compartidas a través das redes sociais do Concello de Allariz (https://www.facebook.com/concellodeallariz/) a partir da data de comezo da votación.
  • As fotografías que incumpran o citado nestas bases eliminaranse do concurso e non serán publicadas.

5. SELECCIÓN DA FOTOGRAFÍA GAÑADORA

A fotografía que reciba máis  votos/ likes/ gústame será a gañadora do premio.

No caso de empate publicaranse de novo as fotografías empatadas con máis votos e abrirase un novo período de votación dende o día 20 ao 22 de xaneiro de 2020.

A organización porase en contacto coa persoa gañadora a través dos datos facilitados e o premio deberá ser recollido pola persoa agraciada no Centro de Promoción Económica de Allariz (Rúa O Portelo, 4 – 2º piso). O fallo do concurso farase público o día 23 de xaneiro de 2020.

6. PREMIOS

A organización premiará ao autor/a da fotografía gañadora con:

Instan Camera -  Instax mini 9  + Instant film

7. PROTECCION DE DATOS

Os datos subministrados polas persoas participantes serán tratados confidencialmente e recollidos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, e serán empregados exclusivamente para este concurso e as comunicacións pertinentes, sendo eliminados pasado os tempos legais preceptivos. Conforme á lei vixente os interesados poden exercitar respecto dos seus datos os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición enviando unha carta á CONCELLO DE ALLARIZ Praza Maior 1 32660 ALLARIZ Ourense ou no correo electrónico: participa@allariz.com.

8. ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte da mesmas implicará a exclusión da persoa participante e como consecuencia, o Concello de Allariz quedará liberado do cumprimento da obriga contraída con dito participante.

A participación neste concurso implica a aceptación das bases, así como os cambios que o Concello de Allariz poda levar a cabo no concurso por causas xustificadas.