Allariz xunto con Chantada recolleron onte o galardón no certame Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega en colaboración coa consellería de Medio Ambiente e os colectivos Asvinor e Agaexar así como as empresas Husqvarna e RainBird.

O auditorio municipal de Chantada foi o escenario escollido para a celebración da entrega de galardóns da primeira edición do programa “Vilas en Flor” que premia a mellorar ambiental, social e económica dos municipios coa creación de espazos verdes urbanos, fomentando tamén o seu potencial turístico.

Allariz xunto con Chantada obtivo un empate no primeiro posto que outorga catro flores de honra, aínda que o certame tamén premiou a Caldas de Reis, Betanzos e Ortigueira.