Un equipo formado por tres alumnos máis o seu titor do Instituto catalán Pla de l´Estany (Banyoles) visitou onte o Festival de Xardíns como premio ao seu proxecto Green Light, plantas modificadas xeneticamente para ser utilizada como leds ou bombillas.

O proxecto sostible co medio ambiente que pretende substituír as farolas, hoxe en día iluminadas por enerxía non renovable, por unha planta lumínica nutrida por un depósito de auga con nutrientes mediante un contagotas por gravidade, participou no reto de xardinería: Para quen deben servir e como serán os xardíns e o verde urbano en 2030?, promovido dentro do iFEST polo Gremi de jardineria de Catalnya e Marimurtra.

iFEST

Concíbese como a gran festa da tecnoloxía, a ciencia, a innovación e a disrupción, dirixida a aqueles que representan o futuro: estudantes de últimos anos de bacharelato, FP, grados universitarios, mestrías e doutorados co obxectivo de trasladarlles a conciencia de que poden facer grandes cousas nos vindeiros anos, que a sociedade agarda as súas achegas e que teñen o talento para facelas.

Plantexáronse 12 retos con máis de 300 equipos, 99  centros de formación e 1500 mozos e mozas. AO de xardinería inscribíronse 36 equipos dos que  chegaron 6 á final.