Concurso 2022- Xardíns terapéuticos, deseños que curan.
Os xardíns son espazos que propician o benestar, o relax, o desfrute dos sentidos, espazos para o corpo e para a alma que contribúen ao noso equilibrio físico e psíquico, espazos de saúde….
Un xardín terapéutico é un espazo ao aire libre que está deseñado especificamente para satisfacer as necesidades físicas, psicolóxicas, sociais e espirituais das persoas que usa o xardín, así coma as dos seus coidadores, familiares e amigos.
Contén elementos dispostos cara a favorecer un obxectivo terapéutico específico. Non só propoñen unha interacción directa ca natureza, senón que se nutren dela para rehabilitar, educar, estimular e desenvolver aspectos físicos, psicolóxicos e socio-emocionais do individuo.
Sabes que moitas das terapias realizadas hoxe en día en espazos de interior, serían moito máis efectivas realizadas nun entorno natural?
As sociedades máis preocupadas polo benestar dos seus cidadáns planean a creación dunha rede deste tipo de espazos, capaces de beneficiar á poboación a moi ampla escala e cun acceso gratuíto e ilimitado.