I Edición – 2010
A posta en marcha do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, cuxa inauguración tivo lugar o pasado 8 de xullo, persigue varios obxectivos que pasan pola recuperación dun amplo espazo a carón do río Arnoia para uso e disfrute dos veciños e veciñas do municipio, contribuír á dinamización económica, aumentando á capacidade de atracción turística e de xeración de emprego, e a potenciación do paisaxismo na xardinería como valores asociados a Allariz.
Obxectivos conseguidos se se estudan as cifras de visitantes ó festival. Dende a súa inauguración o Festival recibiu máis de 45.000 visitas, o que significa unha cifra aproximada de 17.000€ de ingresos, ademais dunha ampla repercusión no conxunto da hostalería e comercio de Allariz.
A gran expectativa do evento alaricano, como mostran as cifras, retrasaba a data de peche do evento, prevista para o 31 de outubro, ata o 14 de novembro, coincidindo coa Feira do Outono.
O 14 de novembro pecha a primeira edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, deseñada por Francisco Cabral e Elsa Severino. As oito creacións dos arquitectos paisaxistas portugueses serán desmontadas ou trasladadas a outros concellos para dar paso ós oito xardíns efímeros que integrarán a segunda edición. Tan só a proposta O Río, permanecerá un ano máis no festival, posto que un 40% dos visitantes así o decidiron.