III Edición – 2012 «Galicia, o País da auga»
Esta edición “Galicia, o país da auga” remataba o 11 de novembro, arroxando datos moi positivos. Máis de 26,600 entradas vendidas que xunto coas gratuítas, por ter a tarxeta de cidadanía, suman máis de 30,000 visitantes, que se achegaron ata o festival entre os meses de maio a novembro.
As cifras amosan, ademais, o cumprimento de tres obxectivos principais polos que foi creado o festival, e que fixeron del unha realidade consolidada: dinamización económica alaricana, facer de Allariz un referente no paisaxismo e na xardinería e a creación dun espazo de ocio para veciños e visitantes que forma parte dunha rede de parques e xardíns á beira do Arnoia, que suman entre todos 13 hectáreas.