Allariz acollerá, no hotel OCA Vila de Allariz, as “II Xornadas de Xardinería Galaico-Portuguesas-Paredes Verticais e Cubertas Axardinadas“, organizadas pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT), a  Associação Nacional de Empresas Florestais, Agrícolas e do Ambiente (ANEFA) de Portugal, e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar).

O vindeiro 19 de outubro, as Xornadas centraranse nas “Paredes verticais e cubertas axardinadas”, e traerá a relatores de recoñecido prestixio sobra a materia. Os relatores españois serán Dani Lacueva Falcó (Director Técnico de Babilon S.L, e Vicepresidente de ASESCUVE) e Enric Sancho (Director Técnico de Cultidelta S.L.). Os relatores procedentes de Portugal serán Rui Reis (Arquitecto Paisajista), Filipa Mateus De Almeida (Enxeñeira Agrónoma) e Paulo Palha (Enxeñeiro Agrónomo).

As prazas son limitadas e debe confirmarse asistencia. Para inscribirse é preciso contactar con Agaexar a través do teléfono 658 081 269 ou do correo electrónico info@agaexar.gal

Programa XORNADAS AGAEXAR