A visita ao Festival de Xardíns de Allariz durante a edición do Erotismo premiarase cunha fin de semana en Allariz para dúas persoas ou un vale de 150€ para investir no comercio local, a través do concurso de fotografías Festival de Xardíns de Allariz 2018.

O concurso, organizado polo Concello de Allariz, está destinado a todas as persoas de todas as idades que visitara o Festival de Xardíns de Allariz durante a edición do Erotismo no Xardín, entre o 12 de maio e o 31 de outubro do 2018. A través da páxina web www.allariz.gal/festival/fotos2018/, o/a participante poderá subir ata un máximo de tres fotografías que serán votadas polos/as usuarios/as.

A organización premiará ao autor/a da fotografía gañadora cun premio que poderá elixir entre as dúas seguintes posibilidades: unha fin de semana en Allariz para dúas persoas ou un vale de 150€ para gastar no comercio local de Allariz máis un lote de produtos do FIXA 2018.

ENLACE AO CONCURSO » www.allariz.gal/festival/fotos2018