O xardín galego do equipo Arquiterras formado por Sara del Río, Johnatan Carreira e Ana Barxa acada o primeiro posto nas votacións dos visitantes ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz co 40,74 % dos votos, o xardín “ O camiño cara a emigración de Rosalía” é o elixido pois para permanecer un ano máis no recinto. O segundo lugar, co 13,27% dos votos,é para o xardín ”A poesía das Cousas” dos italo-alemáns equipo Alm_a. E o terceiro posto, cun 10,07% dos votos recae no transgresor ”Xardín futurista” dos madrileños Equipo Misture .
A alcaldesa Cristina Cid, fixo balance económico da XI edición, ”unha edición moi valorada polo público e con moita actividade ao seu redor”. Estimase que visitaron o festival ao redor de 35.000 persoas que deixaron uns ingresos de máis de 33.000 €.

Os números mostran o avance do FIXA que se converteu nun referente para o mundo da empresa do paisaxismo. A asemblea anual de AGAEXAR, a asociación Galega de Apicultura ou outras relacionadas o turismo coma Garden Tours ou Bomarzo son parte dos exemplos de que o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, ademais de ser un dos principais atractivos turísticos da localidade, é un motor económico de referencia para o sector.

“Xardíns terapéuticos ,deseños que curan” tema da edición 2022.
O fixa está a recibir os novos deseños para o vindeiro concurso, o prazo continua aberto ata o día 30 de Novembro para recibir as propostas para o ano 2022, baixo o lema”Xardíns terapéuticos, deseños que curan” nos que falaremos da importancia dos espazos verdes para a saúde física e mental das persoas.
Toda a Info en https://www.allariz.gal/festival/