Inside Out

Edición 2017 – Parcela 11

Os recordos son o único que nos queda do noso pasado, algo intanxible e ao mesmo tempo tan real que se converte en parte inseparable de nós, capaz de debuxar un sorriso na nosa cara ou de sacarnos unha bágoa ao longo dos anos.

Inside out é un camiño que quere levar fóra todo o que, xeralmente, temos dentro de nós, ou sexa, aquelas memorias que constrúen a nosa bagaxe invisible e a nosa individualidade. Neste espazo as fotos, que son algunhas das manifestacións máis concretas dun momento xa pasado pero ao mesmo tempo vivo en nós, adquiren un valor especial e fundamental pola súa capacidade de evocar todas aquelas emociones que, ás veces, quedaron no esquecemento do noso eu máis profundo.

O xardín ten unha forma que recorda a dun caixón, un espazo pechado e moi ben delimitado que, porén, pode abrirse cando sexa necesario para desvelar o seu contido, neste caso composto por un parterre que reproduce a forma do cerebro humano e que se eleva desde o chan ata converterse nun verdadeiro labirinto onde o visitante se verá proxectado nunha viaxe introspectiva dentro de si mesmo.

O caixón-xardín abrirase nun labirinto de sebes e gaiolas nos que o tempo parecerá parado. A suspensión do tempo estará representada por sebes de folla perenne con textura espesa case impenetrable e por gaiolas con pedras suspendidas que sosterán unhas fotos.

Frammenti Verdi - Ilaria Cellini e Agnese Gibellieri

Patrocinador

EQUIPO: Frammenti Verdi
Ilaria Cellini e Agnese Gibellieri

PROCEDENCIA: Italia


“Frammenti verdi” nace da colaboración entre Agnese ibellieri e Ilaria Cellini, apaixonadas  e estudosas de xardíns que decidiron cambiar o mundo comezando polo xardín.

De formacións universitarias parellas, teñen pequenas diferencias profesionais e persoais que as enriquecen e completan. Esta complementariedade é o punto forte de seu equipo, o que lles permite afrontar calquera desafío.