Memoria viva
Edición 2017 – Parcela 9
Esta proposta inspírase nunha referencia mundial que compartimos as persoas de todas as idades, sen excepción: os xogos da infancia.
Quixen representar esta idea de forma simple e lúdica, de modo que os visitantes se recoñezan inmediatamente nas imaxes expostas no espazo deste xardín florido, colorista e perfumado.
A vista de paxaro, as formas do xardín parécense ás viñetas dos debuxos dos cómics, as burbullas que soen utilizarse para representar ideas, os pensamentos e os recordos dos personaxes.
Agardo que este xardín provoque sorrisos, procedentes de memorias de momentos agradables, de xogos, paseos, recordos…
“Quixera volver á infancia,
Xogar e non preocuparme…
Pero aquilo queda só no recordo,
De saír a correr e reverter de alegría”
Poema de Paloma Stella Amaral (extracto)