Este sábado 16 de xuño Allariz acolle a Xornada-Demo de material de rego de RainBird, organizada pola Asociación Galega de Empresas de Xardinería.

O programa inclúe a celebración dunha charla técnica que versará sobre  “Aforro de auga en zonas verdes. Novas ferramentas para conseguir un rego eficiente” e unha demostración práctica de montaxe e funcionamento de diferentes equipos e material de rego, incluído programadores. A xornada complétase cunha visita institucional ao Festival Internacional de Xardíns.