O Festival I. de Xardíns de Allariz, a través de varios integrantes da Asociación Española de Paisajistas, outorgará, a partir da presente edición, un premio profesional para destacar o mellor xardín de cada ano.

O xurado técnico integrado polos paisaxistas Boriana Christova Minkova, Juan Luis Ruiz Dyezma e Yolanda Bruna Narbona e acompañados pola Alcaldesa Cristina Cid e Francisco García, ex alcalde que formará parte do consello da Asociación Amig@s do Festival, están hoxe en Allariz nunha xornada de traballo na que se dedicarán a valorar cada xardín do erotismo en base aos criterios profesionais e paisaxistas (en arquivo adxunto) para a selección do mellor xardín que elaborou a Asociación Española de Paisajistas.

O fallo do xurado será público, no mes de novembro, ao remate da presente edición «O Erotismo no Xardín» xunto co mellor xardín elixido polo público visitante do Festival.