Este sábado día 2 de outubro a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR), celebrará unha xornada en Allariz, na que as persoas asociadas realizarán unha visita ó Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Nela poderán comprobar o funcionamento de maquinaria profesional con batería de Makita no recinto do festival.

Posteriormente ás 11:30 terá lugar a Asemblea Xeral anual da Asociación no salón de plenos municipal, un acto que se recupera tralo parón provocado polo COVID-19.

AGAEXAR agrupa hoxe a 62 empresas das catro provincias, na súa procura de dignificar e dar a coñecer o sector da xardinería no territorio Galego, establecendo para elo convenios de formación coas universidades e centros de formación profesional galegos, buscando modelos de xestión dos residuos verdes e loitando contra o intrusionismo no sector, entre outros obxectivos.

A visita ó Festival Internacional de Xardíns de Allariz, tense amosado como unha oportunidade de coñecer esta experiencia singular nun entorno privilexiado, ó tempo que os asociados comparten as súas inquedanzas e as técnicas mais novidosas que se están a implantar no sector da xardinería do País.