CONCURSO 2022 – Xardíns Terapeúticos, deseños que curan

Os xardíns son espazos que propician o benestar, o relax, o disfrute dos sentidos . Espazos para o corpo e para a alma que contibuen ó noso equilibrio fisico e psiquico, espazos de saude…

Un xardín terapéutico é un espazo ó aire libre que está deseñado especificamente para satisfacer as necesidades físicas,psicolóxicas, sociais e espirituais das persoas que usan o xardín, así coma as dos seus coidadores,familiares e amigos.

Contén elementos dispostos cara a favorecer un obxectivo terapéutico específico. Non só propoñen unha interacción directa ca natureza, senón que se nutren dela para rehabilitar, educar,estimular e desenvolver aspectos físicos, psicolóxicos e socio-emocionais do individuo.

Sabes que moitas das terapias realizadas hoxe en día en espazos de interior serían moito máis efectivas realizadas nun entorno natural?

As sociedades máis preocupadas polo benestar dos seus cidadáns plantexan a creación dunha rede deste tipo de entornos, capaces de beneficiar á poboación a moi ampla escala e cun acceso gratuito e ilimitado.