DNA, mother of memory

Edición 2017 – Parcela 10

O ADN é unha biblioteca de coñecemento e a nai da nosa memoria.

Por que eliximos a hélice como a nosa clave?
O primeiro punto é que é esencial para a existencia. O ADN é o fundamento básico da vida e a súa continuidade. O segundo punto é o contraste dentro do ADN, que conecta e combina. Por un lado é moi estable e a súa construción realízase de forma que se manteña a información en forma orixinal. Por outra parte, o ADN é realmente dinámico e expresivo, do mesmo xeito que o proceso de creación en si. É un microcosmos que ten marabillosas calidades estéticas, movemento e momento de sorpresa. O ADN ten unha cantidade interminable de combinación e variación. Cun pequeno cambio todo varía.

O noso deseño o ADN é unha cadea simbólica de información da nosa memoria, o que lembra a torta escaleira interminable dos nosos recordos. Cada experiencia, tanto se se orixina no mundo real coma no imaxinario, deixará pegadas dentro de nós, sinais que poderemos recuperar despois como lembranzas. Entre e déixese reter por unha nova memoria inesquecible. Entre nun lugar onde a nosa información básica, nai de todos os nosos recordos, crea un espazo cheo de cores, olores, descanso, sorpresas e relaxación.

Sebastian Loder, Nina Krajčírová e Jiří Martinek

Patrocinador

EQUIPO:

Sebastian Loder, estudante de arquitectura paisaxista da Universidade de Mendel en Brno, República Checa.

Nina Krajčírová, estudante de arquitectura paisaxista da Universidade de Mendel en Brno, República Checa.

Jiří Martinek, doutor e profesor do Departamento de Deseño y Mantemento de Plantacións y vicedecano da Facultade de Horticultura da Universidade de Mendel en Brno, República Checa.

PROCEDENCIA: República Checa


Estudo creativo formado na ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña) con intereses comúns nas diferentes disciplinas artísticas, sempre dende unha mirada arquitectónica.