8- EL JARDÍN DE LAS SEGUNDAS OPORTUNIDADES

Edición 2025 – Parcela 8

Benvidas e benvidos ao Xardín das Segundas Oportunidades, un espazo creado por todo o alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Padre Feijoo de Allariz. Aquí, o lixo convértese en
arte e conciencia, dando vida a recunchos para xogar, pensar e soñar. Todo foi construido
con materiais de refugallo e con moito agarimo. As plantas escollidas non están aquí por casualidade: todas foron elixidas para atraer polinizadores, pequenos heroes esenciais para a vida no planeta. Entra, observa, xoga e reflexiona. Este xardín é unha segunda oportunidade tamén para nós, para coidar o medio ambiente e imaxinar un futuro sostible.

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

EQUIPO:
CEIP PADRE FEIJOO – ALLARIZ

PROCEDENCIA:
Allariz