A Feira Internacional de planta e flor, tecnoloxía e bricoxardín, líder europea en plantas de xardín, celebra en Valencia entre o 4 e 6 de outubro a súa 46 edición.

O paisaxismo forma parte dos sectores incorporados, recentemente, no programa de actividades organizado, nesta edición, pola Federación Española de Empresas de Jardinería. No marco desta iniciativa, o Alcalde Francisco García, asistirá, mañá, á mesa de debate sobre Sostenibilidade do Ecosistema Verde Urbano. Alí destacará o papel do Festival Internacional de Xardíns de Allariz como elemento de sostenibilidade verde alaricano, ademais de ser un dinamizador económico e social.

O rexedor estará acompañado pola Asociación Galega de Empresas de Xardinería e outros poñentes especialistas de distintos puntos da xeografía estatal.