Os operarios municipais do Concello de Allariz xa comezan a traballar na construción das doce parcelas que, baixo o lema “Os xardíns de Cine”, integrarán a futura edición.

Primeiramente encárganse de desmontar os xardíns do ano 2018 para continuar coa preparación das parcelas que  formarán parte da décima edición do Festival de xardíns de Allariz, que abrirá no próximo mes de maio.