O Festival Internacional de Xardíns de Allariz recibiu 25.000 visitantes no remate do mes de Agosto, cando aínda quedan  dous meses para o peche desta edición.

O Festival constitúe un dos principais reclamos turísticos de Allariz e cada ano consolídase coma un referente tanto para público especializado, profesionais do sector coma para as persoas visitantes que se achegan a ver os xardíns dedicados este ano a poesía. Destacan nesta edición, a fermosura do recinto, e sobre todo a orixinalidade das propostas chegadas de distintos lugares do mundo.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz estivo nesta edición máis vivo  ca nunca e foi  escenario de 3 recitais poéticos durante os meses de verán. Esta iniciativa, pretendeu achegar á cidadanía este xénero literario nun marco incomparable como é o recinto do Festival, aproveitando que nesta edición o tema  é a poesía. Con esta actividade o público puido achegarse a poesía dunha maneira amena e cercana en pleno  contacto coa natureza.

A Poesía volverá ós xardíns o próximo 2 de Outubro  coa VIII edición do Poemagosto( Festival Internacional de Poesía de Allariz) que contará coa participación de grandes figuras da poesía galega e internacional coma Manuel Rivas, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade paredes,Lorena Conde,Samuel F.Pimenta ou Itisha Giri e Zahra El Hasnaui.

Este mesmo escenario acolleu este verán a orquestra sinfónica de Galicia, Teatro en Vilo coa súa obra “Hoy puede ser mi gran noche” ou concertos coma o da banda Tandub Ou entre outras moitas actividades.

A edición da Poesía pechará as súas portas o 31 de outubro para prepararse de cara a edición de 2022.  Ata  o día 30 de novembro permanecerá aberto o prazo para presentar os deseños da vindeira edición baixo o titulo de “Xardíns terapéuticos, deseños que curan”.