1- Un tupido velo: El jardín árabe.

Edición 2023 – Parcela 1

Na cultura árabe, o pracer, a beleza e a sensualidade forman parte da vida privada, por iso este xardín eríxese como un gran cubo branco, descentrado da trama, apropiándose do espazo
exterior para entregalo ao mundo interior.
As súas paredes son tecidas, cortinas finas que separan o público do privado.
O acceso realízase en escorzo por unha pequena porta nunha das súas esquinas, como acontecía nas antigas fortalezas árabes, destacando así o factor sorpresa.
Ao entrar o aroma das plantas inunda o olfacto, un gran xardín porticado cobra protagonismo e o son da auga anuncia o descanso, igual que nos xardíns da Alhambra.
Se o terreo está árido fóra, no interior unha alfombra de grava branca dá a benvida ao visitante, invitándoo a gozar dun anaco de paraíso na terra, como conta a tradición islámica.

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

EQUIPO:
Luife Martín

PROCEDENCIA:
Granada


Luis Fernando Martín Pérez-Rúa é un arquitecto alaricano e granadino que centra a súa actividade profesional en proxectos de cooperación en África, nos que combina artesanía e innovación.
Sensibilizado co medio e apaixonado polas sensacións, crea un diálogo entre o construído e o natural, porque sen a paisaxe non se pode entender a arquitectura.