12- Xardín Informal
Edición 2023 – Parcela 12- Gañador popular
Latinoamérica é unha rexión chea de diversidade e loitas. A súa historia, así como o seu contexto en tanto á economía mundial estivo enmarcado pola informalidade e o subdesenvolvemento. Este xardín é un eloxio a todas estas persoas que medraron e saíron adiante desde a informalidade. Un xardín que suscita a materialidade dos asentamentos informais (Metal, Madeira, Cachotería, Cor), onde a creatividade e o vernáculo se xuntan para dar vida á vivenda de millóns de persoas en toda Latinoamérica. A partir de grandes materas verticais representamos esta xeometría e arquitectura de montaña que tanto caracteriza as grandes metrópoles desta rexión.
Un espello de auga illa cada unha das materas, tal e como na realidade cada un destes barrios adoita estar illado do resto da cidade “Formal”.