Green cloud garden
Edición 2016 – Parcela 10
Xardíns do futuro
Pola escaseza de espazo na maioría das contornas urbanas, este proxecto quere explorar as posibilidades futuras de espazos verdes na cidade, sen que estes comprometan o seu desenvolvemento e o seu crecemento. O incremento de espazos verdes pode mellorar a contorna urbana de diferentes maneiras: esteticamente, ambientalmente e estimulando o desenvolvemento socioeconómico. Ao crear xardíns suspendidos, créanse novos niveis vexetais sen interferir cos solos.
Concepto
O xardín de nubes verdes consiste nun xardín de plantas colgantes, contidas en bólas de brión. Estas bólas e as súas plantas varían en tamaño, desde pequenas herbas ata arbustos máis grandes. Ao colgar as plantas, estas son visibles desde novos ángulos e adquiren outra xerarquía: cada planta convértese nun obxecto único. Cada bóla é un xardín en si, permitindo a utilización de mesturas de plantas inusitadas.
EQUIPO: LOOS Van LIET.
Martine Van Liet, Katarina Brandt, Floris Grondman, Baihe Cui, Freek Loos
LOOS van VLIET é unha axencia de deseño paisaxista e de urbanismo fundada en 2009, cunha ampla experiencia. Traballamos en Holanda, China e Corea. Os nosos proxectos abarcan diversas áreas, desde plans de desenvolvemento, proxectos de urbanismo, parques e espazos públicos, xardíns e paletas vexetais ata o deseño de mobiliario urbano para espazos públicos.
Diferentes disciplinas
Enfocar os proxectos desde diferentes disciplinas é esencial, permítenos elaborar os proxectos a partir de diferentes niveis e escalas. A flexibilidade que isto nos confire é unha base excelente para colaborar na realización de proxectos integrais.