Jardín de Luz

Edición 2016 – Parcela 3

A globalización, a principios do século xxi, causou gran individualización no comportamento humano e gran masificación das cidades. Debido á altura dos edificios e á excesiva compactación construtiva xurdiu a necesidade dun novo recurso, que ata agora nunca fora escaso: a luz do sol.

A calor dun encontro entre amigos, unha charla cun descoñecido, deixar espazo á espontaneidade, ou tomar o sol e camiñar descalzo sobre a herba empezou a ser unha necesidade terapéutica para vivir con boa saúde física e psíquica.

O xardín da luz é un espazo onde levar as túas plantas para que tomen o sol e onde relacionarse con persoas afeccionadas á xardinería.

Un lugar de acollida para plantas abandonadas que se crea a través destas. Cando pasa o tempo e ninguén a adopta, plántase no xardín. Así é como se vai creando o xardín a si  mesmo e como vai medrando a través dun deseño dinámico, de respecto, en movemento, un deseño que todos construímos acotío.

Os xardíns serven para seguir lembrando que a natureza é o lugar de onde viñemos e cara a onde habemos de ir para aprender a ser humanos.

 

Xabier Pageo

Patrocinador

Xabier Pageo

PROCEDENCIA: Barcelona


Sei o que busco e onde vou, porque eu son o meu camiño.

Nacín entre o mar e a montaña e o máis importante: desde a montaña vese o mar. A ecoloxía e a diversión son a esencia do meu traballo. Analizo e intento explorar o mundo para crear momentos de extrema beleza e singularidade, capaces de acariñar a alma. Investígoo; investígome no máis profundo do meu ser en busca de preguntas que me fagan compartir, que me acheguen aos tesouros que alí me agardan e que me fagan sentir parte deste marabilloso mundo.

Os meus soños e o meu corazón estrañan lugares nos que aínda non estiven. Probo e fallo, probo e fallo, probo e vexo como se me revela unha realidade, a realidade dunha viaxe.