Rent a garden

Edición 2016 – Parcela5

O mundo que coñecemos cambiou: a eficiencia converteuse en prioridade e o tempo e espazo convertéronse en algo sumamente valioso. A poboación incrementouse e cada centímetro de terra ten que ser utilizado no seu máximo potencial. Por tanto, os xardíns privados convertéronse nun privilexio, que só as persoas máis adiñeiradas poden permitirse. Hoxe máis que nunca, os seres humanos teñen a necesidade de vivir a natureza, gozar do aire puro e da tranquila privacidade do seu propio xardín. Aquí é onde nós entramos no xogo.Con Alugue un Xardín nace a oportunidade de tomar o tempo necesario para explorar os diferentes módulos, esquecendo a rutina por un momento e gozando da atmosfera.

Ofrecemos produtos para todos os petos: a nosa variedade de produtos inclúe o modelo Estándar Básico, cun prezo moi razoable e resultados efectivos, o modelo Económico e, para finalizar, o noso modelo Luxoso, extravagante e cheo de sorpresas e accesorios. Os nosos xardíns posúen unha gran variedade de tamaños e equipamentos, e son fáciles de gardar no seu fogar. Vostede pode alugar o seu xardín desde 10 minutos, durante medio día ou por un tempo prolongado de ata seis meses.

Onde vostede queira poderá gozar dunha relaxada tarde no seu xardín, xa sexa sentado na súa cadeira favorita tomando o sol, ou ensuciando as mans modificando o xardín ao seu gusto, se así o desexa.

Martina Kadnarova, Eva Robausch e Eva Pointner

Patrocinador

PROCEDENCIA: Austria


Somos Martina Kadnarova, Eva Robausch e Eva Pointner, estudantes de arquitectura paisaxística na University of Natural Resources and Life Sciences de Viena.

Contacto:
kadnarova.martina@gmail.com

eva.robausch@gmail.com

eva_pointner@gmx.at

Asesor:
DI Roland Wück
roland.wueck@boku.ac.at