Better Future

Edición 2016 – Parcela 9

Os efectos do cambio climático xa se senten en todo o mundo: desastres naturais, especies ameazadas, recursos escasos…

Debemos inspirar e mobilizar a sociedade na construción dun futuro mellor para as próximas xeracións.

No proxecto, a área central representa as paisaxes naturais que foron destruídas polas erróneas accións humanas. As árbores son esculturas metálicas; os ríos seguen cursos alterados e represéntanse mediante un espello de auga de liñas rectas; os reforzamentos son artificiais.

O proxecto ten como obxectivo reducir a deforestación, reforzar a xestión forestal sustentable e rescatar a biodiversidade nas paisaxes da súa contorna.

Gobernos, empresas, comunidades e individuos deben estar unidos para asegurar o futuro do planeta.

Podemos construír un futuro mellor.

 

João Jadão, Juliana Freitas, Cid Carvalho, Ricardo Oliveira e Vinicius Andrade

Patrocinador

EQUIPO:
João Jadão
Juliana Freitas
Cid Carvalho
Ricardo Oliveira
Vinicius Andrade

PROCEDENCIA: Brasil


Paisaxistas especializados na creación de proxectos de arquitectura paisaxística. O grupo desenvolve proxectos en zonas públicas e privadas de Brasil e outros países

+ 55 11 3263-0360   /   55 + 11 + 3876-4090
www.planoseplantas.com.br