Natureza Suspendida
Edición 2017 – Parcela 1
O ser humano esqueceuse do significado de sentir. Rutineiro, nun mundo tan oposto á natureza que toma a experiencia desta como un desafogo, recordo dun pasado mellor.
Ante esta idea, propoñemos un xardín sensorial que nos leve atrás, non só ao pasado histórico coas reminiscencias doutras épocas como a dos xardíns colgantes, senón a un pasado intrahistórico, o pasado das persoas, das súas memorias, a infancia, o que integra a nosa experiencia do mundo coa de nós mesmos.
Un xardín flotante que volva ingrávidos os recordos e esperte os nosos sentidos. O sentir da natureza, suspendida.
No chan, un conxunto de bandas florais pavimentadas espertarán no visitante distintos estímulos visuais, táctiles, olfactivos e mesmo sonoros coas pisadas.
EQUIPO: Tinglado
Tamara Deza Martínez, Irene García Paz, Daniel Fernández Posada
PROCEDENCIA: Pontevedra – Galiza
Estudo creativo formado na ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña) con intereses comúns nas diferentes disciplinas artísticas, sempre dende unha mirada arquitectónica.