Fotograma Xilema

Edición 2017 – Parcela 3

A mirada é o xesto de amor máis sincero. Algo tan sinxelo e tan simple convértese nun relato capaz de superar a distancia entre o pasado e o presente, un trazo no horizonte. Poucas palabras pronúncianse tan alto como unha mirada que atravesa un baleiro.

A aproximación dun ollo á gradicela sempre foi un acto de presenza que permite a luz, que viaxa no intersticio da materia para ser imaxe detida. O misterio ao descuberto, iluminado. Un túnel que transita o corpo inerte das árbores, a barrena visual da madeira.

Dezaseis troncos gardan un segredo no seu corazón. Un orificio convida a mirar no seu interior desvelando os recordos das árbores, para descubrir o que foron, para depositar na retina o pasado feito presente. Un paseo onde descubrir o que os nosos ollos non adiviñan a simple vista: un xardín, un parque solitario… lugares de tempo detido emerxendo do esquecemento. Este “bosque de memorias” vai acompañado de diversas plantacións que acentúan a reflexión sobre os recordos.

-Berberisthunbergii “Atropurpurea” é a dificultade do tránsito sen memoria.
-Impeerata cilíndrica “Red Baron”: a vida é movemento, o reclamo permanente.

Unha viaxe á memoria compartida, ao mundo oculto das árbores, á memoria dos parques, dos bosques, das prazas, dos xardíns. Unha homenaxe a todos os espazos comúns, á presenza e á beleza das árbores como lugar de encontro, repouso de tesouros e evocación do tempo.

Flumen2

EQUIPO: Flumen 2
Miguel Ángel Nava Cuervo e Charo Piñango Muñoz

PROCEDENCIA: Madrid

Patrocinador