El parque del olvido

Edición 2017 – Parcela 6

O parque do esquecemento, a memoria pensada como un belo labirinto de sensacións.

A memoria é un labirinto cheo de momentos, de recordos, de tempos. Unha cor, un olor, un simple movemento evoca na nosa mente recordos, ou permítenos obter novos aprendizaxes que formarán parte da nosa memoria futura.

Pensando nesta idea, o deseño céntrase na realización dun espazo que nos permita escarvar no máis fondo da nosa memoria e nos leve a sensacións vividas, e que, ao mesmo tempo, poida crear unha lembranza futura e duradeiro.

O deseño preséntase en tres espazos diferenciados, todos eles entrelazados mediante un pequeno labirinto, cada un dos cales pretende xogar coas sensacións e os recordos do visitante.

Espazo da Cor.

Creación de unha pradaría silvestre formada por diversas herbáceas anuais e perennes, con vexetación que atopamos no territorio galego e que de seguro agocha en nós algunha lembranza.

Espazo Aromático.

O olor, un espazo formado por plantas aromáticas recoñecibles.

Espazo do Sabor.

Este espazo non se limitará só a presenza de plantas de froito, xa que tamén responde a un certo deseño visual.

Dentro de cada espazo atopamos uns pequenos lugares de recollemento, mantendo a idea de vexetación do espazo do que forma parte.

Leticia Álvarez Fernández e Pablo Rodríguez Regueiro

Patrocinador

EQUIPO:
Leticia Álvarez Fernández e Pablo Rodríguez Regueiro

PROCEDENCIA: Lugo – Galiza


O amor pola natureza, a paisaxe e o xardín, xunto cos enfoques que resultan de distintas disciplinas, deu como resultado a creación dun equipo capaz de abordar diferentes proxectos de paisaxe, realizando espazos para goce do ser humano, sempre en harmonía co seu entorno.