Terraformación
Edición 2017 – Parcela 7 GAÑADOR DA EDICIÓN 2017
Ano 2168
Tras anos de investigación sobre o terreo no planeta Marte, as conclusións foron positivas no referente á habitabilidade da raza humana neste novo mundo.
Neste momento actual, maio de 2168, as zonas de auga desconxeladas subxacentes da superficie marciana son máis abundantes debido á irradiación do núcleo, o cal fai que aumente a temperatura para poder captar a auga en estado líquido.
O obxectivo da misión é instaurar vexetación no planeta para poder conseguir unha atmosfera habitable, con osíxeno e controlando o CO2.
A persoa encargada de conseguilo é un paisaxista, escollido entre miles de toda a humanidade, coa tecnoloxía e cun criterio que optimiza a xestión da auga, tendo en conta os condicionantes climáticos e os substratos.
Unha das cúpulas está destinada ao cultivo de alimentos vexetais e a seguinte ten a función de canalizar a valiosa auga, procesándoa para poder hidratar e nutrir os novos habitantes do planeta, as plantas.
Calcúlase que para o 2334 o planeta será habitable.