El laberinto rosa

Edición 2018 – Parcela 1

Desde o principio dos tempos, o ser humano desfrutou descubrindo o seu entorno a partir desa curiosidade innata na súa mente, desas ansias de explorar o prohibido e de experimentar novas sensacións. En sentido tanxencial á curiosidade atópanse os seus instintos básicos, que conforman a súa sexualidade e a súa maneira de relacionarse.

O erotismo forma parte da nosa cultura, é a manifestación intelectual e física dos nosos instintos. Os xardíns foron por algún tempo os únicos espazos propicios para confesar e demostrar os desexos prohibidos. No silencio do bosque, no equilibrio remoto do natural, atopamos o lugar perfecto para expresar o que por moito tempo foi condenado como pagán, impropio e inmoral.

O Labirinto Rosa nace dos desexos ocultos das persoas e da nosa confianza para expresalos nun ambiente íntimo e natural. Proponse evocar e emular esa sensación de privado e escondido, para así entrar no calor da intimidade.

A través de espazos, cores, materiais e vexetación, estimúlase ao visitante a escribir os seus desexos e a recorrer o xardín a través dun sendeiro sutil e continuo de auga, que representa o seu subconsciente.

Trátase de espazos persoais, íntimos, onde se sinte a confianza e a la seguridade para expresarse. Áreas parcialmente privadas, onde se pode prolongar a estancia e interactuar cos outros, nun ambiente de igualdade.

Ao termo do percorrido, o visitante poderá realizalo de volta, descubríndoo á inversa e experimentándoo con novas sensacións.

Púa Studio - Alejandra Pérez Bahamonde, Úrsula García Lucero

Patrocinador

EQUIPO: Púa Studio

Alejandra Pérez Bahamonde, Úrsula García Lucero

PROCEDENCIA: Perú


Púa Studio é un equipo multidisciplinario que existe a partir do desexo de integrar arte, ciencia e tecnoloxía. É un proxecto que nace en Perú, fundado por Alejandra Pérez e Ursula Garcia, ambas arquitectas con múltiples intereses, como a botánica, os ecosistemas e o deseño dos espazos naturais.

Entendemos a paisaxe e o seu valor para o ser humano. Estudiamos as súas variables estéticas, físicas, sociais, históricas e culturais, como parte dun desenvolvemento constante para comprender mellor os diversos procesos naturais e artificiais presentes no medio e nas súas diferentes escalas: desde o xardín urbano ata os grandes ecosistemas naturais protexidos.

Púa é unha oficina de Paisaxe e Urbanismo, na que, a través do deseño, a investigación científica e a práctica, proxectamos espazos máis humanos, acordes ás novas e necesarias demandas: sustentabilidade e innovación.

Púa busca formar usuarios conscientes do valor da paisaxe e comprometidos coa súa preservación.

Facebook: Púa Studio @puastudio

Instagram: pua_studio

Blog: https://thepuastudio.wordpress.com