Take Off to Heaven
Edición 2018 – Parcela 11
O obxectivo do xardín é levar o visitante ao ceo.
Hai moitas formas de gozar o erotismo. Cada quen ten os seus gustos e manías, pero todos queremos chegar ao ceo.
Como?… O que temos que facer é “despegar” (TakeOff) como un paxaro. Pesamos moito para voar… Así que “quiten (TakeOff) a roupa”, algo necesario para entrar no xardín.
Entón Cupido poderá atoparte e dispararte coa súa frecha máxica. Todo o mundo, mozos e maiores apaixónanse recorrendo o túnel das ás coa axuda de Cupido.
Logo empezamos a bailar, abrimos o corpo e a mente ata que só escoitamos os latidos do corazón.
Unha vez que a paixón se acende, as chamas da unidade atópanse no macizo de flores (FlowerBed). A calor dos corpos xera grandes ventos a medida que os bailes van chegando ao clímax!
Agora…. listos para voar! Como os paxaros unidos, movendo as ás.
Oh, si! Chegando a algún lugar do ceo! O encanto sensual como o voo dun paxaro coas ás estendidas sobre as nubes!
Dous bancos están listos para gozar da vista e da felicidade de abrazarse a alguén importante no xardín, como se fose o ceo.
EQUIPO: Yamabiko
Masayuki Tanaka, Rocío Busó Martínez
PROCEDENCIA: Japón
O noso equipo é YAMABIKO, palabra xaponesa que significa o eco, os sons que reflicten as montañas.
A nosa voz é fráxil pero as nosas tentativas de chamar poden revitalizarse a través dos vales como os ecos. Intensifícanse como os cantos en harmonía coas voces respondidas.
A nosa meta é crear espazos que fagan felices as persoas, alcanzando un equilibrio de mente e corpo, natureza e seres humanos.
Rocío Busó Martínez e Masayuki Tanaka estudaron o Máster de Xardinería e Paisaxismo na Universidad Politécnica de Madrid.
Rocío é enxeñeiro agrónomo, unha namorada dos xardíns. As súas aportacións foron clave no proxecto.
Masayuki é un peregrino do xardín. É o autor conceptual do proxecto. Estivo recorrendo os xardíns históricos e famosos.
Actualmente o seu proxecto consiste en transmitir o carácter dos xardíns xaponeses. A través da fotografía ensinaranos lugares especiais, pola súa fermosura e espectacular floración.