La maison close
Edición 2018 – Parcela 2
O xardín é un lugar que estimula os sentidos. Desde sempre, os xardíns ofrecen espazos íntimos que procuran pracer e gozo. Durante o período romántico, a aristocracia gozaba dos xardíns como lugares idóneos para o cortexo e a sensualidade. O xardín é un espazo que reflexa a continuidade e a proxección do hábitat, unha arquitectura natural e viva na que cada planta delinea formas sensuais e caprichosas. Agúzanse todos os sentidos: o olfacto, o tacto, o ouvido, a vista. Esa beleza envolta en sons e olores é a forza de cada xardín.
A intención deste proxecto de xardín era producir un hábitat composto de espazos íntimos para refuxiarse. Este refuxio (maison ou casa) proxecta a fantasía sexual dun lugar desprovisto de regras e normas que invita á meditación nun entorno paisaxístico apaixonado.
Este xardín está composto dunha base ortogonal debuxada pola auga, símbolo da vida e da fecundidade. A estrutura e superficie lineal suxestiona os espazos. A vexetación conforma unha arquitectura máis libre e vertical. As tuias e os teixos comúns son plantas irregulares que delimitan os espazos. As flores (lis, rosas, agapantos africanos), que asociamos co amor e a paixón polas súas cores ou polo que simbolizan, florecen cada unha nunha zona distinta para diferenciar os ambientes. O camiño de madeira que recorre as diversas zonas ofrece ao visitante o pracer de transgredir as normas e pisar a herba.
Este xardín é unha invitación a perderse neses espazos de intimidade onde cada visitante ten a oportunidade de imaxinar, soñar e abranguer a voluptuosidade da natureza libre.
EQUIPO: Mademalet
Marie Astrid de Malet
PROCEDENCIA: Francia
Estudante de arquitectura de interiores (ENSAD, París), apaixonada da arquitectura nas súas distintas vertentes. Gusta de experimentar con diferentes materiais arquitectónicos. A natureza e a botánica son os seus temas preferidos porque conforman unha arquitectura viva, libre, ilimitada.