Música no xardín dos Arpel

Edición 2019 – Parcela 11 

Jacques Tati é un dos grandes cómicos do sétimo arte, herdeiro dos mestres do mellor cine cómico mudo. En 1958 dirixiu e interpretou, “Mon Oncle”, a súa primeira película en cor, que recibe, entre outros premios, o Óscar á mellor película estranxeira.

A vivenda da familia Arpel é un legado das formas racionalistas de comenzos do XX. Creada por Jacques Tati, Pierre Etaix e Jacques Lagrange, ofrécenos unha divertida mirada do mundo moderno. O seu xardín inspírase en xardíns de principios do XX: Lebisch, Lurçat, os irmáns Vera, Molnár, Mallet-Stevens e Guévrékian.

Actualmente, xardín e vivenda, espertan un grande interese e son fonte de inspiración de paisaxistas, arquitectos, cineastas… A herdanza de Tati no XXI vese en creadores de todo o Mundo: Gaudin, Nouvel, Koolhaas, Perrault, Meadows…, que confesan a súa fascinación por este espazo. Están “locos por Tati”, tal como o está o equipo que presenta esta proposta. Sorprende que nunca se estudou a botánica do xardín.

Un dos elementos máis singulares do film é a súa banda sonora, composta por Frank Barcellini e Alain Romans, referente da historia do cine e un dos temas máis versionados da época.

Paisaxistas e músicos unímonos para facer unha afectuosa homenaxe a esta película e os seus creadores. Adaptando o deseño ao espazo do Festival, propoñendo unha selección de especies botánicas con criterios do paisaxismo dos anos 1920-40 e ofrecendo a escoita en directo dos temas da película, interpretados por “La Hulot Band”.

Hulot Band

Patrocinador

EQUIPO:

Hulot Band

PROCEDENCIA: 
Madrid 
 


Hulot Band comezou como un cuarteto instrumental co obxectivo de recrear e interpretar o son das antigas orquestras de salón. O grupo esfórzase por rescatar as inesquecibles bandas sonoras de películas como Jacques Tati e cancións desa época que recordan os sons inconfundibles do gipsy jazz e as interminables sesións de jazz en clubs nocturnos. A música interpretada por “La Hulot Band” é unha arte popular feita pola cultura, un repertorio variado que é unha invitación a escoitar e gozar.

Francisco Fernández – Guitarra e voz
Javier Nuñez – Contrabaixo
Pablo castaño – clarinete
Miguel Nava – violín e narración

Charo Piñango puxo por primeira vez a pluma e o papel no campo do paisaxismo hai 25 solsticios e desde entón deseñou xardíns, prazas, xardíns urbanos, melloras paisaxísticas en espazos protexidos, museografía e sinalización ambiental e xardíns temáticos.