Un flashback en celuloide
Edición 2019 – Parcela 12

Benvid@s ao noso multicine ao aire libre, xardín tributo ao CINCE CLÁSICO en BLANCO e NEGRO. Benvid@s ao auténtico cine como adoitaba proxectarse mediante rolos de película de celuloide, máquinas de proxección e pantallas.
O xardín deseñouse como un falshback, para recrear escenas en branco e negro.
Un Flashback en Celuloide é un multicine ao aire libre onde podes descubrir catro grandes clásicos do cine filmados en branco e negro. Convidámoste a pasear por sinuosos camiños de celuloide onde poderás elixir diferentes formas para chegar ás catro salas de proxección ou botar unha ollada na cabina de proxección central e ver como os rolos de película pasaban polo proxector e levaban películas á gran pantalla.
Sabías que a película de celuloide está feita con plantas? O celuloide inventouse sobre 1860, é un material plástico obtido a base de alcanfor e nitrato de celulosa obtido das plantas.
Déixanos trasladarte a algúns dos grandes momentos do cine, pero antes de entrar ao xardín, suxerímosche que fagas un Flashback na túa memoria e intentes recordar películas en branco e negro. Cales che veñen á mente? Tal vez un diálogo ou unha canción? Quizais un personaxe ou un director? Que escenas recordaches? Antes de chegar ás salas de proxección, darémosche algunhas pistas respecto a cada película. Gustaríache descubrilas? Por favor, pasa e goza!
EQUIPO:
Cristina González Martin, Garden Designer
PROCEDENCIA: Escocia
Cristina González Martin. Natural de Guardo-Palencia, residente en Escocia. Debido a súa paixón pola natureza e a botánica, estudou Enxeñería Forestal e exerceu en España, realizando proxectos forestais e paisaxísticos. Trasladouse a Escocia. Foi alí onde cativa polos seus xardíns e a súa influencia na sociedade, estudou Deseño de Xardíns en Edimburgo, graduándose con Higher National Diploma in Garden Design. A xardinería é a súa paixón, participou en Gardening Scotland 2017, 2018 co seu deseño A Wee Natural Gallery, obtendo una medalla de prata.
O estilo de Cristina é persoal, de contrastes, asimetrías con liñas marcadas e forte influencia das súas raíces forestais, onde as plantas son as protagonistas, tratando de lograr un efecto natural, con plantas de escaso mantemento, facilmente sostibles, resistentes á seca e que evolucionan co tempo.
Inspirándose no movemento naturalista de Piet Oudolf, o estilo contemporáneo inglés, sen esquecer a súa admiración polo xardín mediterráneo.
Datos de contacto: crisburgh@gmail.com
EQUIPO: Cristina González Martin, Garden Designer
PROCEDENCIA: Escocia e España
Deseñadora de Jardines e Enxeñeira Forestal.