Montando Allariz

Edición 2019 – Parcela 4

O cine fai o tempo visible e maleable. Así, unha anécdota pódese converter nunha longametraxe ou un longo período de tempo pódese condensar en segundos.

Continuidade do tempo é unha toma sen cortes, un plano secuencia. Descontinuidade do tempo son escenas, cortes que despois se montan. Montando Allariz amosa a dialéctica entre continuidade e descontinuidade. A continuidade do tempo é representada por un elemento que discorre polo xardín sen interrupción; tratándose de cine, que mellor que unha alfombra vermella. A descontinuidade son distintas escenas claramente diferenciadas.

O xardín reflicte a historia de Allariz dende o século VI ao XX, percorrida en 50 metros de alfombra. Faise mediante 5 escenas inspiradas en 5 momentos:

  1. O movemento suave das gramíneas rodeando un camiño sinuoso fai referencia ao carácter nómada do pobo suevo, fundador da Vila de Alaricii no s.VI.
  2. As almenas dos castelos medievais inspiran as formas cúbicas dos elementos que ordenan este espazo. Escóitanse levemente as Cántigas que Alfonso X compilou aquí.
  3. Catro juníperos representan os catro cruceiros que se colocaron como protección fronte á peste que arrasou Europa nos séculos XVI e XVII.
  4. Varios estanques cadrados, inspirados na curtición, e una plantación de liño aluden aos motores económicos de Allariz no século XX, o liño e o coiro.

A alfombra percorre as escenas e indícanos a orde cronolóxica destas. O visitante pode seguilo ou non.

Mandarina: Elvira de Navas, Luis M Santos e Ángela Martínez

Patrocinador

EQUIPO:
Mandarina

PROCEDENCIA:
Madrid


Elvira de Navas. Enxeñeira de Montes pola Universidade Politécnica de Madrid. Iniciouse no mundo dos xardíns coa realización do Diploma in Garden Design na Escola de deseño KLC School of Design de Londres.  Xunto a Angela participou no Certame de Aras en Flor 2018 (Segundo premio)          elvidenav@gmail.com

Luis M. Santos. Graduado en Arquitectura da Paisaxe (TU Berlin) e Mestría en Xardinería e Paisaxismo (UPM). Durante os seus estudos dedicouse ao tema “Deseño Urbán Sensible á Agua” en diferentes contextos xeográficos. Realizou prácticas profesionais en estudios de Madrid, Berlín e Bangkok.                luisms89@gmail.com

Ángela Martínez. É arquitecta (UPM), Mestría en Project Management (UE) e Mestría en Xardinaría e Paisaxismo (UPM).Como arquitecta traballou varios anos en gestión de proxectos. Como paisaxista colaborou co concello de Aranjuez; traballou nun estudio de paisaxismo estando involucrada en proxectos de distintas escalas e realizou xardíns privados e comunitarios en Madrid.                martinez.angela@gmail.com