Forbidden garden

Xardín Prohibido
Edición 2019 – Parcela 5   Gañador edición 2018

Forbidden é unha palabra que expresa algo que non está autorizado ou permitido. É a palabra que eliximos para describir o noso xardín. Tras o pecado de Adán e Eva no Edén, todos sentirán que o froito prohibido é o máis desexado.

Ao descubrir o xardín, o visitante pode sentir unha ampla gama de emocións, que culminarán nun punto central onde a nada e o todo conflúen.

A entrada á mística do erotismo toma un camiño que canea a través dun horto de froitos prohibidos. O camiño adornado con vigas de madeira, inspirado no debuxo da pel da serpente, lembra aos visitantes os prexuízos que se formaron durante décadas en torno ao erotismo. As mentes máis pechadas toparán cos muros tallados da froita prohibida. Só as mentes más intrépidas e abertas poderán entrar no núcleo do erotismo.

Tratamos de explorar o tema do erotismo a través do desexo de liberdade, o sentimento de desexo, sen ningunha connotación sexual. Todos os elementos do xardín foron pensados e deseñados para deixar fluír a mente de quen visita o espazo.

No xardín prohibido o erotismo ten unha connotación de amor e paixón, onde os sentimentos amorosos se expresan con sensualidade e emoción, onde o descubrimento do erotismo sigue o camiño escuro que culmina no centro da froita prohibida, adornado por un céspede de emociones onde, lonxe das miradas indiscretas, todo está permitido.

Patrocinador

Team MCR - Mónica Mota, Cláudia Vilar, Renata Ferreira
EQUIPO: Team MCR

Mónica Mota, Cláudia Vilar, Renata Ferreira

PROCEDENCIA: Portugal


Somos tres arquitectos paisaxistas de formación académica, que cursamos os nosos estudos na Universidade de Porto, nas mesmas aulas.

Contamos xa con cinco anos de experiencia profesional nas máis diversas áreas, desde arquitectura civil e mobiliario urbano ata mantemento, xestión e proxección de espazos verdes.

Fomos finalistas do Festival Internacional de Xardíns de Ponte de Lima 2013.

Apaixonadas polos desafíos, decidimos xuntarnos para dar ás á nosa imaxinación e concibir un espazo único e diferente.