Gallewood

Edición 2019 – Parcela 6

Gallewood é un xardín, é unha secuencia de escenarios, é un espazo colaborativo e todo aquilo que pase polo teu maxín. 

O xardín funciona como un lugar no que cada visitante ten a oportunidade de percorrer unha historia diferente segundo onde poña a ollada. A suma de todas as olladas, xerará unha visita colectiva ao xardín.

A secuencia cinematográfica formada polos espazos do proxecto será libremente interpretada polos visitantes, quen a través de #gallewood poderán participar no filme colectivo xerado pola acumulación de imaxes e vÍdeos.

 En definitiva, este proxecto é un traballo de campo sobre as relación persoais co espazo que nos rodea a través do cine. Estas relacións quedan patentes no que cada un escolle para o seu propio filme.Aquilo que dota de permanencia na súa memoria.

Taller Salvaje

Patrocinador

EQUIPO:
Taller Salvaje

PROCEDENCIA:
Galiza, República Dominicana e Arxentina


 

Taller Salvaje é un espazo de reflexión sobre a arquitectura e os seus límites, empurrando a nosa práctica cara as márxes da profesión. Dende a nosa experiencia, tratamos de funcionar como un taller experimental, un espazo de aprendizaxe e cambios continuos. Estamos abertos a traballar con novas realidades espaciais e sociais nas que se poda aportar algo dende o punto de vista da arquitectura.

Andrea Arias de la Torre. Arquitecta (2015, University College Dublin centro CESUGA). Master en Proxectos Arquitectónicos Avanzados (2017, UPM-ETSAM, Madrid)Colaboradora coa Fundación Alejandro de la Sota (2018 – actualidade).

Victoria Della Chiesa. Arquitecta (2010, UBA, Buenos Aires, Argentina). Master en Proxectos Arquitectónicos Avanzados (2017, UPM-ETSAM, Madrid). Beca CUIA e intercambio académico (2008, FLQ Sapienza Università di Roma, Italia).

Jorge Recio. Arquitecto (2012, UASD-FIA, Santo Domingo, República Dominicana) Doctorando en Proxectos Arquitectónicos Avanzados (2019, UPM-ETSAM, Madrid) Master en Proxectos Arquitectónicos Avanzados (2017, UPM-ETSAM, Madrid) docente e investigador fotografía y proyectos (2014, UCE-FAA, San Pedro de Macorís, República Dominicana).