O Cine, coma sempre

Edición 2019 – Parcela 9    El cine, como siempre

O cine, ao longo da súa existencia, vinculou a un espazo concreto que se mantivo maiormente inalterado dende a primeira vez que se proxectou unha imaxe en movemento ante unha multitude. Máis alá da tecnoloxía e os materiais usados na creación das propias salas, a esencia da visita ao cine foi sempre a mesma: unha serie de rituais de paso que preparan ao espectador para experimentar o espazo onde gozará da película, uns marcos que sempre atravesan, independentemente do que se vaia  ver.

Nesta instalación intentamos replicar esa experiencia implementándoa nun espazo axardinado. Atopamos espazos marco que nos levan ao interior, en forma de escuros corredores con telóns, que suxiren esta sensación de cambio de espazo, enfatizada con cambios de pavimento. Dentro, o xardín, como a sala de cine, é un espazo illado que nos dirixe a observar o seu punto focal: a pantalla, a observación da cal é o obxectivo último de calquera sala, coas súas bancadas e butacas enfocadas cara a esta. E, ao igual que se suxire un cambio espacial na entrada, o paradigma repítese á saída á inversa, cando abandonamos a sala e volvemos ao mundo exterior.

Daniel Vázquez Malvesado

Patrocinador

EQUIPO:
Malvesado

PROCEDENCIA:
Cataluña 


Graduado en Deseño de Interiores, pola Escola Superior de Disseny BAU, en Barcelona, con nocións de arquitectura e de Visual Merchandising, e cunha fascinación particular coa arquitectura moderna de principios do século XX, polas súas formas limpas e volumes puros. Sempre intenta buscar a maior funcionalidade seus deseños, buscando xuntar función e espazo, mediante un uso de materiais na súa forma máis auténtica e honesta. Buscando desafiarse, participou neste evento para tratar de utilizar a linguaxe do espazo interior no exterior.