5- Pangea un viaje histórico

Edición 2023 – Parcela 5

Pangea, unha viaxe histórica, parte do concepto de Pangea “toda a terra”, clave inspiracional do proxecto, masa continental que foi separándose ao longo de millóns de anos, e formando a nosa actual estrutura continental.
Pangea trasládase a Allariz partindo dunha estrutura central, en forma de pentágono, que se abre a cada un dos continentes e en cuxo centro se sitúa un teitado coa silueta de Pangea rexistrada nun círculo, achegando ao espectador a imaxe e mesmo convidándoo a tentar alcanzala e conectar esa orixe, no que Pangea supoñía a unión xeográfica do mundo.
Tendo en conta os continentes actualmente habitados e a clasificación clásica dos mesmos, atopámonos con: Europa, América, África, Oceanía, e Asia.
Pangea é un exercicio conceptual onde cada continente plasma trazos significativos que os fan recoñecibles aos espectadores:
Europa, con xeometrías marcadas e camiños en forma de cruz que representan os xardíns clásicos, montículos verdes como grandes montañas e buxo como planta común nestes xardíns.
América, cun tipi central das grandes praderías, rodeado por un carreiro que nos introduce no bosque canadense, ao redor pedra avermellada do deserto e monólitos dos grandes canóns.
Oceanía, onde un curso de auga rodea a illa australiana en cuxo centro un montículo de grava vermella representa o monte Uluru, símbolo dos aborígenes e plantas típicas como o eucaliptos ou o callistemon, alimento de fauna autóctona.
Asia, invoca aspectos como a relixión, a espiritualidade e as artes marciais. No seu centro, unha estrutura templo lixeira de madeira, lugar de meditación e introspección ao que se accede camiñando sobre bloques de pedra toscamente tallada, situada a distintas alturas e de distintos tamaños, calculados en función ao número Kua, baseado no Feng Shui como símbolo de orde e equilibrio entre corpo e mente.
A experiencia convida a realizar unha viaxe ao redor do mundo, realizando unha escala en cada un deles, tendo moi presente a súa orixe, que foi común nun inicio.
O libre percorrido por este xardín convida a descubrilo indo dun continente a outro, percorrendo todo o conxunto ou pasando pola plataforma central que representa a mencionada Pangea.

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

EQUIPO:
PANGEA TEAM

PROCEDENCIA:
MADRID, ITALIA E MÉXICO


Pangea Team son cinco estudantes do Master en Garden Design da escola de deseño Dmad en Madrid.
Procedentes de Italia, México e España, Berta, Elsa, Xema, Karim e Letizia, e baixo distintos estilos e enfoques de deseño, teñen en común a paixón polo deseño, a arquitectura e a botánica, que axuntaron neste proxecto con ideas de composición equilibradas para realizar unha viaxe sensorial polo mundo, materializado neste xardín.