6- El mundo a través del jardín

Edición 2023 – Parcela 6

Neste xardín quérese poñer de manifesto a mestura cultural sen precedentes, onde os xardíns, ligados a tradicións e épocas, evolucionaron, uníronse e mesturaron da man da sociedade. Búscase mostrar esta unificación a través da arte do paseo e do goce, onde un pode inmiscirse en diversos xardíns de influencia en toda a historia; o xardín oriental, o xardín islámico, o xardín francés e a súa antítese, o xardín inglés.
O oriental, transmisor de paz e tranquilidade, onde todos os seus elementos, asimétricos e simples, como son as rocas e a vexetación, están en equilibrio e harmonía, sendo obxectos de contemplación e admiración.
O francés, baseado na simetría dos broderies, elementos de observación desde un “miradoiro”, onde o eixo central basea a perspectiva. Neles buscábase impoñer a orde á natureza.
O inglés, onde a chaira verde coas súas flores cambiantes fala da liberdade da natureza, onde os itinerarios non se sinalan, deixando espazo á sorpresa e ao descubrimento. Os elementos do mesmo buscan crear unha paisaxe pintoresca.
O islámico, onde a auga toma partida, acompañada de cerámicas e plantas aromáticas que espertan todos os sentidos, baseados na espiritualidade, logrando unha simbiose entre os recursos naturais, a paisaxe e o ser humano.

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

EQUIPO:
Lara, Óscar e Paula.

PROCEDENCIA:
A Coruña e Barcelona.


O grupo está conformado por tres estudantes de último curso do grao en Paisaxe pola USC e a UDC; somos Lara Caamaño Fernández, Óscar Marqués Sánchez e Paula Fusté Hernández.
Cada un de nós vimos de ramas moi diferentes, pero tras estes anos estudando a nosa paixón polo deseño, a arte, as teorías e os proxectos de paisaxe unímonos para formar un grupo variado e con distintas perspectivas, feito que o fai máis enriquecedor.
Este proxecto vémolo como o comezo dunha nova etapa, penetrando nun mundo pouco coñecido e valorado, pero de gran interese. Buscamos unir conceptos e sensacións ofrecendo novos puntos de visión, non só do xardín, senón de todo o que supón.