8- O RECUNCHO IMPRESIONISTA

Edición 2024 – Parcela 8- Xardín escolar

O primeiro que fixemos foi buscar información sobre o cubismo e o impresionismo para inspirarnos e pensar como engadilo ao xardín. Tamén buscamos plantas e flores de tempada que poideramos engadir no xardín, así como as medidas da parcela que imos deseñar. Na construción deste proxecto, comezamos facendo un camiño de madeira que vai dende a entrada da nosa parcela e percorrendo a mesma ata o final. Xusto ao entrar, atopámonos cun arbusto con cadrados e un espello colgado dentro. Logo, no medio, faremos a imitación dun río con orquídeas de cor azul e, para cruzar o río, unha pequena ponte para chegar ao outro lado e atoparnos cun cadro impresionista colgado. Na parte dereita da parcela teremos uns sofás con forma de flor para sentarnos. Logo, no lado esquerdo da parcela hai un pequeno estanque no cal poremos patos de goma para que as crianzas poidan xogar.

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

EQUIPO:
Alumnado do IES de Allariz.

PROCEDENCIA:
ALLARIZ